Fernando García Agudín, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1935 e finado na mesma cidade o 27 de maio de 2026, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1956, foi avogado do Estado dende 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña dende 1978. Foi tenente de alcalde do concello da Coruña (1971-1974) e representante de Galicia na Xunta Democrática de España (1974-1975). Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, fundou en xullo de 1976 o Partido Popular Galego ao unirse á Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Isla Couto. Foi deputado pola UCD no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985) e no Congreso na II lexislatura (1982-1986).
Posteriormente integrouse en Coalición Galega da que foi elixido presidente no congreso de outubro de 1986. O 11 de abril de 1987 como representante de Coalición Galega constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con José María Pardo Montero polo Partido Liberal e Enrique Marfany polo PDP.
Era un dos socios principais do despacho de avogados da Coruña, "García Agudín y Arangüena". Finou na Coruña o 27 de maio de 2026.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Finados en 2026