Deheubarth foi un reino ou principado do suroeste de Gales medieval. Historia Deheubarth creouse sobre 950 por Hywel Dda (“Hywel o Bo”) nos territorios de Seisyllwg e Dyfed, ambos convertidos na súa posesión. O asentamento do xefe dos rexedores de Deheubarth atopábase en Dinefwr.
Deheubarth, como outros moitos reinos galeses, continuou existindo ata a conquista normanda de Gales, pero as constantes loitas deron lugar a que só durante parte do tempo fose unha entidade separada cun rexedor independente. O rei Llywelyn ap Seisyll de Gwynedd anexouna en 1018 e tamén o rei Rhydderch ab Iestyn de Morgannwg en 1023. O fillo de Llywelyn ap Sisyll, Gruffydd ap Llywelyn de novo anexou Deheubarth e converteuse no rexedor da maioría de Gales, pero despois da súa morte, a antiga dinastía Dinefwr recuperou o poder.
Reis de Deheubarth Hywel Dda ap Cadell (909 – 950). Rhodri ap Hywel (950 – 953). Edwin ap Hywel (950 – 954). Owain ap Hywel (950 – 987). Maredudd ab Owain (987 – 999). Cynan ap Hywel (rei de Gwynedd) (999 – 1005). Edwin ab Einion (1005 – 1018). Cadell ab Einion (1005 – 1018). Llywelyn ap Seisyll (e rei de Gwynedd) (1018 – 1023). Rhydderch ab Iestyn (Príncipe de Gwent) (1023 – 1033). Hywel ab Edwin (1033 – 1044). Gruffydd ap Llywelyn (Rei da meirande parte de Gales) (1044 – 1047) Gruffydd ab Rhydderch (1047 – 1055). Gruffydd ap Llywelyn (rei da meirande parte de Gales) (1055 – 1063). Maredudd ab Owain (1063 – 1072). Rhys ab Owain (1072 – 1078). Rhys ap Tewdwr (1078 – 1093).
Príncipes de Deheubarth En 1093 empezou a conquista de Deheubarth polos anglonormandos.
Gruffudd ap Rhys (1135 – 1137) (rei na meirande parte do que non fora conquistado polos normandos). Anarawd ap Gruffudd (1137 – 1143). Cadell ap Gruffudd (1143 – 1153). Maredudd ap Gruffydd (1153 – 1155). Rhys ap Gruffydd (1155 – 1197). Gruffydd ap Rhys (1197 – 1201). Maelgwyn ap Rhys (1199 – 1230) Rhys Gryg (1216 – 1234)
Despois de 1234 os príncipes de Deheubarth só gobernaban sobre o Cantref Mawr e alí o seu poder comezou a minguar.
Rhys Mechyll (1234 – 1244). Maredudd (1244 – 1271) (Maredudd ap Rhys ?). Rhys ap Maredudd (1271 – 1283).
Notas
Categoría:Reinos medievais de Gales Categoría:Historia de Gales