Digimon Data Squad, coñecido no Xapón como é a quinta serie de animación da franquía nipoa Digimon.
Sinopse Un rapaz de 14 anos, Marcus Damon, un imbatible loitador (loitador urbano na versión orixinal xaponesa), coñece a Agumon, un digimon que escapou de DATS, nuha organización secreta do goberno creada para defender ó mundo dos humanos da invasión de digimons salvaxes. Despois de loitar un contra o outro, os dous fanse amigos rapidamente un do outro, e a partir dunha serie de eventos, son incorporados en DATS, onde teñen a esperanza de facerse máis fortes.
Personaxes Personaxes principais Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe Marcus Damon Daimon Masaru Soichiro Hoshi Agumon Taiki Matsuno O principal protagonista da serie, Marcus Damon é o fillo do investigador Spencer Damon, quen desapareceu no misterioso mundo coñecido como Digital World fai 10 anos. Forte e valente, Marcus considérase a si mesmo o número un dos loitadores definitivos. Despois de coñecer a Agumon, convértese en aliado dos Digimon despois de recibir un Digivice do misterioso home, Homer Yushima. Thomas H. Norstein Touma H. Norstein Hirofumi Nojima Gaomon Kazuya Nakai Graduado pola universidade de Estocolmo á idade de 13 anos, Thomas H. Norstein é un prodixio medio austríaco, medio xaponés. Gran boxeador e xenio nos estudos, Thomas é un membro vital do equipo de DATS. Yoshino "Yoshi" Fujieda Fujieda Yoshino Yui Aragaki LalamonRaramon Yukana Yoshi é unha rapaza de 18 anos e o terceiro membro do equipo. Ela e a súa compañeira Lalamon son amigas dende moito tempo atrás. Keenan Crier Noguchi Ikuto Rie Kugimiya Falcomon Chie Kojiro Keenan é un misterioso neno de 10 anos de idade, quen anos antes do comezo da historia, perdeuse por accidente a través dun Portal Dixitale foi criado por un digimon chamado Frigimon, quen foi destruído nunha masacre organizada por un home chamado Akihiro Kurata.
Véxase tamén Outros artigos Digimon Lista de digimons
Categoría:Digimon