Gerardo Criado Guizán, nado en Noche (Vilalba) o 4 de decembro de 1956, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Veterinario de profesión. Concelleiro en Vilalba polo PPdeG dende 1995, substituíu a Agustín Baamonde Díaz como alcalde a principios de 2005. Presentouse ás eleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. O 2 de novembro de 2016 foi substituído por Agustín Baamonde Díaz na alcaldía, pasando a ser nomeado senador.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilalba

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Vilalba