O fosfatidilglicerol é un fosfoglicérido que forma parte das membranas celulares eucarióticas e bacterianas John E. Cronan. Bacterial Membrane Lipids: Where Do We Stand? Annual Review of Microbiology Vol. 57: 203-224 (Volume publication date October 2003) (nalgunhas bacterias é o principal compoñente), e forma parte do surfactante pulmonar, que reduce a tensión superficial no alvéolo e facilita o intercambio respiratorio de gases. Nas cianobacterias e plantas abunda na membrana tilacoidal (pero tamén está presente noutras membranas), e parece que mantén a proporción de lípidos aniónicos no tilacoide necesarios para realizar a fotosíntese.
A estrutura xeral do fosfatidilglicerol pode describirse como un diacilglicérido esterificado cun fosfato cunha molécula de glicerol esterificada no fosfato. Por tanto, contén dúas moléculas de glicerol, unha no diacilglicérido e outra na cabeza polar. A molécula é anfipática, xa que o diacilglicérido é apolar e o fosfato e o glicerol terminal son polares. A súa presenza no líquido amniótico aumenta durante o desenvolvemento fetal.
O surfactante pulmonar J.L. Harwood. Lung surfactant está formado por proteínas e lípidos. A maior parte dos lípidos é fosfatidilcolina, pero unha pequena porción da parte lipídica é fosfatidilglicerol. Aproximadamente o 98% da superficie das paredes dos alvéolos está ocupada por células de tipo I, mentres que as células de tipo II alveolares producen o surfactante pulmonar, que cobre arredor do 2% das paredes alveolares. Unha vez que as células de tipo II segregan o surfactante, este debe estenderse sobre a superficie das células de tipo I. O fosgfatidilglicerol pénsase que é importante nesta extensión do surfactante sobre as células de tipo I. A principal deficiencia no surfactante observada en bebés prematuros relaciónase coa falta de fosfatidilglicerol, aínda que este só sexa unha fracción minoritaria dos fosfolípidos do surfactante.
centro Biosíntese miniatura|Biosíntese do fosfatidilglicerol e outros fosfoglicéridos Sintetízase ao unirse un L-glicerol 3-fosfato cun diacilglicérido unido ao CDP (CDP-diacilglicérido). Durante a reacción libérase CMP e orixínase un diacilglicérido unido a un glicerol 3-fosfato, é dicir fosfatidilglicerol-fosfato. Este último perde despois o seu fosfato terminal, orixinando fosfatidilglicerol.
Nos eucariotas heterótrofos o fosfatidilglicerol sintetízase só na mitocondria, orgánulo no que a partir de dous fosfatidilglicerois se orixinan as cardiolipinas Michael Schlame, Diego Rua, Miriam L Greenberg. The Corresponding Author The biosynthesis and functional role of cardiolipin , lípidos constituíntes da membrana mitocondrial interna.
Tamén derivan do fosfatidilglicerol o ácido lisobifosfatídico, algúns glicofosfolípidos, proteolípidos bacterianos, ácidos lipoteicoicos e lipoaminoácidos complexos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Glicerol Cardiolipina
Ligazóns externas Phosphatidylglycerol at Lipid Library
Categoría:Fosfolípidos