William "Willie" Pearse ou Liam Mac Piarais (en irlandés), nado o 15 de novembro de 1881 en Dublín (Irlanda) e finado o 4 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham GaolPiaras F. Mac Lochlainn, Last Words, The Stationery Office (Dublin), ISBN 0 7076 0101 0, pg.76 foi un republicano irlandés que loitou no Alzamento de Pascua e foi posteriormente executado polos británicos pola súa participación na revolta. Era o irmán máis novo do Patrick Pearse, un dos mentores e líderes do Alzamento."Easter Rising" (en "Alzamento de Pascua" - 1916
Traxectoria Willie Pearse naceu en Dublín e pasou a súa vida á sombra do seu irmán, de quen era un grande admirador e co que mantiña unha relación particularmente estreita. Preparouse para traballar no oficio do seu pai, mais deixouno para axudar ao seu irmán Patrick en St. Enda's School, que fundou en 1908. Participou nas obras e no teatro de St. Enda's e axudou á súa fundación.
Seguindo os pasos do seu irmán, Willie alistouse nos Voluntarios Irlandeses e no movemento republicano. Tamén tomou parte no Alzamento de Pascua de 1916, cando permaneceu xunto ao seu irmán na Oficina Xeral de Correos. Logo da rendición foi xulgado por un consello de guerra e condenado a morte, sendo fusilado o 4 de maio dese mesmo ano na prisión de Kilmainham Gaol. Díxose que a súa participación no Alzamento fora mínima e que foi condenado polo seu apelido, do mesmo xeito, no xuízo esaxerou a súa participación no Alzamento.
O 3 de maio, Willie Pearse recibiu o permiso para visitar o seu irmán na prisión antes de que o executaran e que puideran verse por última vez, con todo, mentres Willie estaba en camiño, o seu irmán Patrick foi executado. Willie foi executado ao día seguinte.
En 1966, a estación de Westland Row de Dublín fou rebautizada co nome de Estación Pearse en honor a Willie e o seu irmán Patrick.
Notas
Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1916