Ramiro Pérez Freijo, nado o 8 de xuño de 1962, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Traballa como enfermeiro. Foi concelleiro de Meira polo PPdeG dende 2003, e ocupou a tenencia de alcalde na lexislatura 2003-2007. Presentouse ás eleccións municipais de 2011 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Desde as eleccións municipais de 2015 é portavoz do grupo municipal do PPdeG.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Meira
Categoría:Alcaldes de Meira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1962