Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Descrición A superficie comercial de Área Central é de 30.500 m², en dous andares e un semisoto. O edificio ten planta cadrada, e nel hai unha rúa comercial de 658 metros de longo co teito acristalado, 656 vivendas, 50 oficinas, 160 tendas, un hotel, garderías, bares, e diversos locais de xogo. No centro do edificio hai unha praza central descuberta de 10.000 m².

Algúns dos locais que se poden atopar no centro comercial son Alcampo, Pizza Móvil, Gasthof, Abanca, Movistar, Orange, Yoigo, Alfonso Joyeros, Atempo, Óptica Val, Blu:sens, La Caja de Pandora, Purificación García, Roberto Verino, Dayaday, Garrote, Fiuncho Floristerías, Clean & Clean, Foto Sistema, Loterías etc.

Recoñecementos IV Edición Premio San Martiño de normalización lingüística (1994), no Concello da Estrada.

Galería

Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Área Central Los centro comerciales, nuevos elementos de centralidad urbana en Santiago de Compostela Locais comerciais de Área Central

Área Central