Xosé Novo Freire, nado na Coruña o 25 de outubro de 1928 e finado en Lugo o 27 de xaneiro de 2012, foi un avogado e político conservador galego, alcalde de Lugo entre 1979 e 1983.

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo en 1956. Foi membro da xunta de goberno do Colexio de Lugo durante máis de dez anos. Foi o primeiro alcalde democrático de Lugo (1979, nas listas de UCD) e, posteriormente, un dos membros da executiva de Coalición Galega. Foi tamén director de Cáritas Diocesana en 1971 e promotor de Preescolar na Casa (1977).

Na súa labor de alcalde lucense destacou a creación das zonas residenciais da Piringalla e Garabolos, así como a recuperación do parque de Rosalía de Castro.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lugo

Ligazóns externas Ficha en Galegos.info

Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Políticos de UCD Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes