Nasarawa ou Nassarawa é un estado da rexión central da República Federal de Nixeria, creado o 1 de outubro de 1996, durante a ditadura militar de Sani Abacha, como escisión do estado de Plateau. A súa capital é a cidade de Lafia.

Segundo unha estimación do censo para o ano 2005, ten 2 040 097 habitantes, nunha área de 27.117 km2.

Limita polo norte cos estados de Plateau e Kaduna, polo leste co estado de Taraba, polo sur cos estados de Benue e Kogi e polo oeste co distrito federal de Abuja.

Áreas de goberno local

Subdivídese internamente nun total de 13 áreas de goberno local.

Akwanga Awe Doma Karu Keana Keffi Kokona Lafia Nassarawa Nassarawa-Egon Obi Toto Wamba

Véxase tamén

Ligazón externa Páxina oficial do Estado de Nasarawa

Nasarawa