Sebastián Sánchez Prado, coñecido como Sebas, nado en Espinardo (Murcia) o 31 de xaneiro de 1960, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria Na tempada 1979–80 debutou en Segunda División co Real Murcia, club co que ascendeu esa campaña á Primeira División. Co club en Primeira, Sebas non xogou ningún encontro, e descendeu ao final da campaña novamente á Segunda División. Na categoría de prata, conseguiu de novo o ascenso na tempada 1982–83, sendo un xogador habitual no cadro pimentonero. Descendeu novamente na tempadaa 1984–85.
Na tempada 1985–86 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou dúas tempadas en Segunda División. Fixo o seu debut coa camisola branquiazul o 1 de setembro de 1985 fronte ao seu anterior equipo, o Real Murcia, no encontro da primeira xornada do campionato en Riazor, que rematou con vitoria local (2–1). No Deportivo xogou 54 partidos e anotou 3 goles.
Na tempada 1987–88 foi contratado polo Cartagena, co que descendeu ao final da campaña á Segunda División B.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Cartagena FC