José Ramón Barreal Novo, nado na Estrada é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Nado na Estrada, é fillo dun veciño de Laza. Viviu en Valladolid, foi mercedario descalzo, e nos anos oitenta trasladouse a Laza. Foi concelleiro e Tenente de Alcalde en Laza polo PPdeG dende 1995. Ocupou diversos cargos en Protección Civil e foi Xerente do consorcio contra incendios e salvamento da comarca de Verín. O 8 de xaneiro de 2011 substituíu o alcalde José Angel García Morais logo da súa dimisión.José Ramón Barreal toma hoy posesión de su cargo como nuevo regidor de Laza Nas eleccións municipais de 2011 e tamén nas do 2015 presentouse á alcaldía de Laza encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 4 concelleiros coa súa lista, un menos cós da oposición, e o día 16 de xuño de 2019 foi substituído polo socialista Xesús Blanco Conde.
En xullo de 2020 Xesús Blanco dimitiu e celebrouse un pleno para escoller novo alcalde. Barreal presentou a súa candidatura sendo elixido alcalde de novo, só cos votos do seu partido.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Laza
Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Laza Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido