Fernando Guitián Guitián, nado en Vigo en 1964, é un empresario e político galego do PPdeG. Foi alcalde de Gondomar dende o 2011 ata o 2015.
Traxectoria É enxeñeiro industrial de profesión e rexenta unha empresa consultora no Porriño. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG en Gondomar e foi elixido alcalde grazas aos votos dos dous concelleiros do Centro Democrático Liberal (CDL), formado por escindidos das filas populares..
Nas eleccións municipais de 2015 conseguiu 4 concelleiros, os mesmo que o PSdeG, pero conseguiu a alcaldía o PSdeG debido a que foi a lista máis votada.El socialista Paco Ferreira gobernará Gondomar en minoría
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Gondomar
Ligazóns externas Fernando Guitián encabezará la lista del PP de Gondomar en las municipales en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Gondomar Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes