Dolores Castro Ochoa, nada en Moreda (Seoane do Courel) o 5 de maio de 1977, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Militante de Novas Xeracións. É secretaria de dirección. Durante oito anos residiu en Barcelona, de onde regresou en 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Folgoso do Courel. O 24 de outubro de 2009 foi elixida alcaldesa ao prosperar a moción de censura contra o alcalde José López Fontal co apoio do concelleiro tránsfuga socialista Manuel Bouza.Folgoso do Courel cambia de alcalde con el voto de un tránsfuga del PSdeG Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta, e repetiu a maioría absoluta nas municipais de 2015 e 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Folgoso do Courel
Ligazóns externas Noticia en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Folgoso do Courel Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Folgoso do Courel Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes