Jesús Durán Martínez, nado na Estrada en 1928 e finado nesta mesma localidade o 6 de setembro de 1984,La Voz de Galicia, 7-9-1984, p. 16. foi un empresario e político galego.
Traxectoria Sobriño de Jesús Durán Taboada, que fora alcalde da Estrada (1914-1916 e 1922-1923). Dirixiu xunto aos seus irmáns a empresa María Martínez. Foi nomeado alcalde da Estrada o 9 de xuño de 1958 e cesou o 1 de agosto de 1959. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía da Estrada e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi deputado provincial e presidente do Consello da Administración da Caixa de Aforros de Pontevedra. Nas municipais de 1983 encabezou unha candidatura independente e, pese a logra-la vitoria a un concelleiro da maioría absoluta, perdeu a alcaldía tras un pacto entre AP e PSdeG. Nese mandato volveu ser deputado provincial. Foi nomeado Fillo predilecto da Estrada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Estrada
Ligazóns externas Alcaldes estradenses
Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1984