Ramón Alonso López, nado en 1968, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciado en Dereito. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Entrimo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía nas seguintes eleccións de 2007, 2011, 2015, 2019 e 2023, en todas con maioría absoluta.

Formou parte da Executiva Nacional do PSdeG en distintos períodos (2013-2016 e dende 2021)

Vida persoal Está casado coa tamén dirixente socialista Carmen Rodríguez Dacosta, deputada autonómica, coa que ten 2 fillas.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Entrimo

Categoría:Alcaldes de Entrimo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1968