Unha argumentación é un sistema de elocución que consiste en achegar razóns para defender unha opinión. Emprégase normalmente para desenvolver temas que se prestan á controversia, e o seu obxectivo fundamental é ofrecer unha información o máis completa posible, á vez que intentar persuadir aos demais mediante un razoamento.
Os textos e discursos argumentativos posúen unha organización peculiar. As categorías sobre as que se sustentan son as premisas e conclusións. O autor ha de reorganizar convenientemente os elementos temáticos para lograr do lector unha determinada disposición. Polo mesmo talvez sexa a argumentación o tipo de discurso en que o lector se acha involucrado dunha maneira máis directa. O autor, en todo momento, conta con el.
Na base de toda argumentación áchanse os principios da dialéctica e a lóxica: Desde o punto de vista da lóxica, tense en conta a noción de causalidade, que proporciona unha orde obxectiva. A causalidade supedita a unha causa uns resultados determinados, polo que cada paso é sostido polo anterior. Desde o punto de vista dialéctico, o texto da argumentación móvese sobre as probabilidades, nunca sobre certezas.
Os elementos da argumentación son a tese, o corpo argumentativo e a conclusión.
Os tipos de razoamentos utilizados no argumento poden ser: O argumento de autoridade (testemuñas fidedignas e citas,...) O sentir xeral da sociedade. A exemplificación e a comparación ilustrativa.
Os trazos lingüísticos: O emprego da primeira persoa do plural. As comiñas e as citas. As marcas de orde (primeiro, segundo, finalmente,...) que introducen as premisas A interrogación retórica (para atrae-lo interese do lector) Os guións ou raias. Para marcar distintos niveis. Os nexos que expresan causa ou consecuencia. A definición As metáforas, as perífrases, a sinonimia, a antítese, os paralelismos. Os tecnicismos. Complexidade sintáctica e longos períodos oracionais. A subordinación que supedita unha idea a outra.
Véxase tamén Outros artigos Texto Lingüística textual
Categoría:Semiótica