Fátima Monteagudo Pereira, nada en Troáns (Cuntis) en 1978, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en Empresariais. Nas eleccións municipais de 2003 foi a número dous da candidatura do PSdeG-PSOE en Cuntis, a cal logrou a maioría absoluta, e foi designada primeira Tenente de Alcalde e concelleira de Facenda.
Alcaldesa O 8 de xullo de 2005 logo da dimisión de Eduardo Rey Rodríguez, foi elixida alcaldesa de Cuntis. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto co BNG. En agosto de 2010 rompeuse o pacto cos nacionalistas e pasou a gobernar en minoría. Nas municipais de 2011 volveu ser cabeza de lista do PSdeG pero ao non haber acordo co BNG foi elixido alcalde o candidato da lista máis votada, Antonio Pena Abal (PPdeG).
En xaneiro de 2014 presentou a súa renuncia como concelleira e foi substituída á fronte do PSdeG-PSOE local por Manuel Campos Velay.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cuntis
Ligazóns externas Entrevista en Galicia Hoxe
Categoría:Alcaldes de Cuntis Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes