Delta é un estado da República Federal de Nixeria, denominado así a causa do Delta do Níxer. Ten aproximadamente 122 quilómetros de costa, no seu suroeste, co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Asaba e foi creado en 1991.

Ten unha superficie de 17.698 quilómetros cadrados e unha poboación que se cifra en 4 330 587 persoas (2007).

Áreas de goberno local

Este estado subdivídese internamente nun total de 25 áreas de goberno local:

Aniocha-North Aniocha-South Bomadi Burutu Ethiope-East Ethiope-West Ika-North Ika-South Isoko-North Isoko-South Ndokwa-East Ndokwa-West Okpe Oshimili-North Oshimili-South Patani Sapele Udu Ughelli-North Ughelli-South Ukwuani Uvwie Warri-North Warri-South Warri-South-West

Véxase tamén

Ligazón externa Páxina do Goberno do Estado do Delta

Delta