Enrique Fernández Sendón, coñecido como Fersen, nado en Ribeira o 3 de decembro de 1909 e finado no mesmo concello o 30 de novembro de 1954,La Voz de Galicia, Barbanza, 27-11-1994, p. 33. foi un escritor, político e pintor galego.

Traxectoria Medrou no seo dunha familia acomodada de Ribeira emparentada cos Colomer. Na súa mocidade relacionouse co marxismo revolucionario e con Rafael Dieste, Manuel Antonio e Xosé Otero Espasandín. Trasladouse a Madrid en 1928, onde comezou a carreira de comercio e participou nos parladoiros, entre outros, de La Granja. Foi un dos fundadores e ideólogos da OCE.

Durante a Segunda República Española comezou a destacar como xornalista e militou en agrupacións marxistas revolucionarias. Mantivo contacto cos compatriotas residentes en Madrid que animaban Nueva España, Crisol, Nosotros e PAN, publicacións nas que colaborou. Chegou a manter estreitos vencellos coa esquerda do PSOE e da UGT. Escribiu en Leviatán, voceiro teórico da fracción achegada ás teses de Francisco Largo Caballero, dirixido por Luis Araquistáin. Tamén colaborou na Revista de Economía Socialista editada pola Federación Española de Trabajadores de Banca.

Pertenceu á Izquierda Comunista de España (ICE), de tendencia trotskista. Dende xuño de 1931 foi membro dos comités executivo e central da organización, e tamén redactor da revista Comunismo, baixo o alcume de Fersen. Despois de varios anos de militancia incorporouse ao PSOE.

O seu irmán Manuel foi fusilado polo bando franquista en xaneiro de 1937. Ao remate da Guerra Civil foi detido en Alacant e internado nun campo de concentración ata 1940. Volveu a Ribeira e utilizou o pseudónimo de A. Martín para asinar as súas colaboracións en Industrias Pesqueras a partir de 1943, grazas á protección de Valentín Paz-Andrade. Tamén colaborou en Faro de Vigo.

Obras Qué es el trosquismo (1931), folleto ¿A dónde va el Partido Socialista? (1934) Antecedentes del triunfo del Frente Popular (1936), folleto.

Especializado en temas pesqueiros, publicou varios artigos sobre a materia co pseudónimo A. Martín, así como un artigo dedicado a Manuel Antonio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Diccionario de escritores/as do Barbanza

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ribeira Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes