Xosé Manuel Rey Varela, ou José Manuel Rey Varela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, alcalde de Ferrol desde 2023 e senador por designación do Parlamento de Galicia. Xa fora alcalde de Ferrol entre 2011 e 2015.
Traxectoria Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova de Ferrol, e posteriormente dereito na universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. En paralelo á súa vida universitaria desenvolveu carreira política, afiliándose ao Partido Popular. Como representante da organización de mocidades neste partido, Novas Xeracións, accede ao posto de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.
En 2002 entrou como concelleiro en Ferrol grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celebráronse eleccións municipais, e saíu elixido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular Juan Juncal, encargoulle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En 2007 saíu reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasou á oposición, e en 2011 converteuse no cabeza de lista dos populares. Nesa posición conseguiu vencer as eleccións, con 14.974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por un concelleiro.
Tamén é presidente do Partido Popular de Ferrol. En novembro de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Política Social,Núñez Feijóo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, Praza Pública, 4 de outubro de 2015. cargo que exerceu ata 2018. Foi deputado no Parlamento de Galicia nas lexislaturas X e XI, entre 2016 e 2023, e deixou o escano en xuño de 2023 para tomar posesión de novo como alcalde de Ferrol.
Nas eleccións municipais de 2023 presentouse de novo como candidato á alcaldía de Ferrol. A candidatura do Partido Popular conseguiu a maioría absoluta, con 13 dos 25 concelleiros da corporación, e Rey Varela foi investido alcalde por segunda vez o 17 de xuño de 2023. Pouco despois, tras as eleccións xerais do 23 de xullo de 2023, foi designado senador polo Parlamento de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas Páxina web persoal
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Avogados de Ferrol Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia