Enrique Carpintero Araújo, nado en Rabiño (Cortegada) o 24 de setembro de 1932 e finado na mesma parroquia o 8 de maio de 2008, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Traballador de Correos, entrou na corporación de Cortegada en 1970 despois foi tenente de alcalde. En 1974 foi nomeado alcalde. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da Coalición Democrática á alcaldía de Cortegada e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde primeiro con Alianza Popular e despois co PPdeG, sempre con maiorías absolutas. Foi deputado provincial en tres lexislaturas (ata 2003). En 2007 non se presentou á reelección e abandonou a alcaldía. Vida persoal
Estivo casado e tivo catro fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cortegada
Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cortegada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes