Ana Belén Vázquez Blanco, nada en Bande o 27 de xaneiro de 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Política local Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Saltou rapidamente á política pois foi elixida concelleira de Bande polo PPdeG nas eleccións municipais de 1995, revalidando a súa acta nas eleccións de 1999 e 2003. Ocupou o cargo de concelleira de Cultura e Deporte e posteriormente de segunda tenente de alcalde. O 21 de novembro de 2006 foi elixida alcaldesa logo do falecemento do ata entón alcalde, Amador de Celis. Non se presentou ás eleccións municipais de 2007, encabezando a lista do PPdeG o seu entón marido José Antonio Armada.

Política nacional Nas eleccións xerais do ano 2000 foi escollida deputada no Congreso por Ourense. Revalidou o seu cargo nas eleccións de 2004. Nas eleccións de 2008 perdeu a súa acta de deputada, porén en abril de 2009 regresou ao Congreso trala dimisión de Jesús Vázquez Abad. Nas xerais de 2011 volveu ser elixida deputada. Nas eleccións de 2015 non revalidou a súa acta, mais nas xerais de 2016 recuperouna.

En xullo de 2018 pasou a formar parte da executiva nacional do Partido Popular de Pablo Casado, sendo a responsable da área de Emigración.Ana Vázquez: "Estar en el equipo de Casado para nada me distancia de Baltar" Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi cabeza de lista do PP por Ourense e volveu ser elixida deputada, ó igual que nas xerais de novembro dese ano.

Trala chegada de Feijoo á presidencia do PP, volveu ocupar un posto na executiva do partido, desta vez como responsábel de Interior. Así mesmo, repetiu como cabeza de lista pola provincia de Ourense e como deputada nas elección xerais de 2023.

Polémicas públicas Comezou a destacar en redes sociais e nas intervencións parlamentarias usando un estilo directo e agresivo contra os seus rivais políticos, e moi en especial contra o Goberno de Pedro Sánchez. A partir dese momento foi gañando presenza nos faladoiros de programas de televisión, como Todo es mentira, onde é unha participante habitual.

En setembro de 2026 protagonizou unha polémica moi sonada no Congreso. Co gallo dunha intervención sobre a crise migratoria de Ceuta dese verán, exhibiu no hemiciclo un spray de gas pementa. Considerando que se trataba dun arma, a presidenta das Cortes, Francina Armengol, expulsouna da sesión. A deputada mostrou o seu malestar alegando que o spray estaba baleiro. Con todo, instantes despois varias salas do Congreso tiveron que ser desaloxadas despois de que un asistente da deputada accionase o spray de forma accidental.

miniatura|Papeleta das Xerais de abril de 2019.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Eleccións municipais en Bande

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes de Bande Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1975 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo