Alfonso Villares Bermúdez, nado en Cervo o 2 de maio de 1970, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria É veterinario de profesión. Foi concelleiro do PPdeG en Cervo dende 1995. A partir de 1999 formou parte do equipo de goberno nesa localidade. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi escollido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Nese mandato foi elixido vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015 e nas de 2019, despois das cales foi ademais vicepresidente primeiro da FEGAMP. Volveu lograr a maioría absoluta nas municipais de 2023, mais non chegou a tomar posesión como alcalde, xa que en xuño de 2023 foi nomeado novo conselleiro do Mar da Xunta de GaliciaAlfonso Villares, hasta ahora alcalde de Cervo, nuevo conselleiro do Mar: sorpresa grande y grata en A Mariña: su perfil.

Dimisión O día 4 de xuño do 2025 anunciou a súa dimisión tras ser investigado por un suposto caso de abuso sexual con submisión química. Desta maneira, perdeu a súa condición de aforado e foi investigado pola vía ordinaria.

En abril de 2026 a Audiencia Provincial da Coruña arquivou a causa por falta de indicios.

Regreso á política En xuño de 2026 foi nomeado delegado territorial da Xunta en Lugo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Cervo Xunta de Galicia de 2024 Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Cervo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en 1970

Categoría:Nados en Cervo Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG