Benigno Gómez Tadín, nado en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria Empresario hostaleiro. Concelleiro en Cervantes dende 1987. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cervantes e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde tamén con maioría absoluta. Nas citas electorais de 2015, 2019 e 2023 revalidou o cargo tamén con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cervantes

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Cervantes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1952