A tempada 2005 do Super 12 (actual Super Rugby) foi a 10ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou por derradeira ocasión con 12 equipos, antes da inclusión dos Central Cheetahs e do Western Force no campionato. Os 12 equipos disputaron unha tempada regular con 12 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Crusaders, o equipo neozelandés que acadou así o seu 5º título, vencendo na final ós NSW Waratahs de Sydney.

A primeira xornada disputouse o 11 de febreiro de 2005, mentres que a final tivo lugar en Christchurch o día 28 de maio de 2005. Tempada regular EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus PUNTOS 1 Crusaders11902459281178845 2 Waratahs11902322174148541 3 Bulls1170430122972634 4 Hurricanes1180328124833234 5 Brumbies11515260266-6729 6 Chiefs1151527225022628 7 Blues1160524321627327 8 Highlanders116142212147127 9 Stormers11317215320-105418 10 Reds11308185282-97517 11 Cats11119226326-100713 12 Sharks11119205384-179511 Eliminatorias polo título 350px|miniatura|dereita|O Jade Stadium acolleu a final desta edición do Super 12.

Estatísticas O máximo anotador de puntos do torneo foi Peter Hewat, dos NSW Waratahs, con 174 puntos. O máximo anotador de ensaios foi Rico Gear, dos Crusaders, con 15. Véxase tamén Outros artigos Super 12 2004 << Tempada 2005 >> Super 14 2006 Ligazóns externas Resultados históricos do torneo

2005 Categoría:Rugby en 2005