José Luis Fernández Mouriño, nado en Carral en 1962, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi empresario do sector da panadería. Foi cabeza de lista do PPdeG en Carral dende 1991, sendo o portavoz do grupo municipal na oposición. En agosto de 2003 foi elixido alcalde de Carral por unha moción de censura contra o entón alcalde socialista, Juan Manuel Vales, co apoio de dous concelleiros nacionalistas. Pese a gobernar inicialmente en coalición con ditos edís, a partir de maio de 2004 fixoo en minoría tras destituílos. Nas eleccións municipais de 2007 regresou ao PPdeG, encabezou a súa candidatura á alcaldía de Carral e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía en favor de Javier Gestal de Alternativa dos Veciños. Volveu concorrer como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2023, pero volveu ser derrotado por Gestal, que nesta ocasión logrou a maioría absoluta.

Foi deputado provincial entre 1997 e 2003, volvendo a selo novamente de 2007 a 2016 e de 2019 a 2021.

En setembro de 2025 unha moción de censura presentada polo PPdeG co apoio de dous ediles tránsfugas de Alternativa dos veciños deulle de novo a alcaldía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Carral

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Nados en Carral Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alcaldes de Carral Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes