Argimiro Marnotes Rodríguez, nado en Lobás (O Carballiño) é un empresario e político galego.
Traxectoria Emigrou á Arxentina, e ao retornar converteuse en pequeno empresario do metal. Entrou no Concello do Carballiño como concelleiro en 1972 polo terzo sindical, sendo nomeado alcalde en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde con maioría absoluta, revalidando o cargo nas eleccións municipais de 1983, encabezando a candidatura de Coalición Galega e logrando de novo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde outra vez, se ben perdeu a maioría absoluta. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Converxencia Centrista e, pese a volver sela forza máis votada, perdeu apoios e situouse ante un triplo empate a 5 concelleiros co PSdeG e o PPdeG. Chegou a un acordo de goberno co PPdeG polo cal estes asumirían a alcaldía. A finais de 1991 pasou a formar parte do PPdeG xunta o resto dos seus compañeiros. En 1995 volveu a ser elixido concelleiro polo PPdeG, se ben nesta ocasión pasou a formar parte da oposición trala vitoria do PSdeG de Pachi Vázquez. Continuou como concelleiro ata 1999.
É pai do tamén político Argimiro Marnotes Fernández.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Carballiño
Ligazóns externas "Paixón pola política local", artigo en La Voz de Galicia, 29 de xuño de 2008.
Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes