Sir Safir é un cabaleiro da Táboa Redonda e o fillo máis novo do rei sarraceno Esclabor nas lendas artúricas. Ten dous irmáns, Segwarides e Palamedes, que tamén pertencen á orde de Cabaleiros da Táboa Redonda.
Personaxe É descrito como un cabaleiro valente e leal, e no seu tempo, un personaxe bastante popular. Apareceu en Tristán en prosa e en Le Morte D'Arthur. O seu nome está incluído na Mesa Redonda de Winchester.
Safir aparece en moitas obras da literatura artúrica, polo xeral xunto ó seu irmán Palamedes. Nunha ocasión, Safir disfrázase de Heitor de Maris e pelexa con Sir Helior le Preuse. Vénceo e gaña a dona de Sir Espinogres. Comprometéndose a defende-la honra da dama, Sir Palamedes aparece de súpeto e bloquea a espada de Safir, sen decatarse de que é o seu irmán. Despois de loitar arredor dunha hora, ámbolos dous están impresionados coa destreza e a habilidade do seu contrincante e deciden solicitar a identidade do outro. Safir está devastado ó ver que estaba loitando co seu propio irmán e pídelle perdón a Palamedes. Xuntos, devolven a dona a Sir Espinogres.
A pesar de que Safir é o irmán máis novo, Safir convértese ó cristianismo algún tempo antes de Palamedes. Cando o romance entre Lanzarote do Lago e Xenevra sae á luz, Safir e Palamedes sitúanse a favor de Lancelot na subseguinte guerra civil entre Lanzarote do Lago e o Rei Artur. Cando son expulsados á terra de Lancelot, na Galia, Safir faise duque de Languedoc mentres que Palamedes se convérte en duque da Provenza.
Véxase tamén Ligazóns externas Sir Safir en Early British Kingdoms
Outros artigos Cabaleiros da Táboa Redonda Rei Artur
Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Mitoloxía celta Categoría:Cabaleiros da Táboa Redonda