A análise sémica pretende estabelecer a composición semántica dunha unidade léxica considerando os trazos semánticos ou semas, unidades mínimas da significación, non susceptíbeis de realización independente.

A análise sémica calca as denominacións das súas unidades sobre as da análise fonolóxica, como se observa no cadro seguinte:

Análise sémica Análise fonolóxica sema (trazo pertinente da significación trazo pertinente semema (feixe dos semas dunha unidade léxica fonema (unidade mínima) arquisemema (conxunto dos trazos pertinentesno caso de neutralización) arquifonema alosema (sema susceptíbel de realizacións diferentes,conforme o contexto semántico) alófono

Un exemplo clásico que ilustra o uso desta terminoloxía é o das "cadeiras e poltronas" de Pottier:

Os sememas de cadeira e poltrona posúen en común os semas: S1 (con respaldo), S2 (sobre patas), S3 (para unha só persoa), S4 (para sentar)

O semema de cadeira é: S1+S2+S3+S4

O semema de poltrona é: S1+S2+S3+S4+S5 onde S5= "con brazos"

O arquisemema para "conxunto de asentos" é: S2+S4 ("sobre patas"+"para sentarse").

A análise sémica ten a súa orixe nas pescudas sobre clasificación tecnolóxica. Os semas obtidos non teñen valor metalingüístico e non achegan coñecementos novos sobre as cousas descritas. Con efecto, brazos en A poltrona ten dous brazos non ten nada en común con O home ten dous brazos. O sema [con brazos] tecnoloxicamente pertence á poltrona, non comportando a referencia á mesma realidade que en brazos humanos.

Categoría:Semántica