Manuel Martínez Randulfe, nado en Ourense o 13 de xuño de 1936, é un avogado, empresario e político galego do PPdeG. Traxectoria Comezou traballando como profesor no colexio Concepción Arenal de Ourense, propiedade do seu pai, Ángel Martínez Doval, antes de dedicarse á avogacía. Militante do PPdeG, figurou na candidatura dese partido ao Senado nas Xerais de 1986 pola provincia de Ourense e resultou elixido. Catro anos despois, nas Xerais de 2000 volveu a resultar escollido para a Cámara Alta.
Profesionalmente, ademais de ter un bufete de avogados na cidade de Ourense, é propietario de negocios agropecuarios, dun colexio, foi vicepresidente de Caixa Ourense e asesor da Cámara de Comercio da mesma cidade. Ademais, foi profesor de ensino medio e directivo de diversas empresas, como Castrosúa, de automoción, da que é membro do seu consello de administración.
Tamén é cónsul honorario de Bolivia en Galicia.
Vida persoal Está casado e ten seis fillos. É o maior de sete irmáns, entre os que se atopan quen fora parlamentario autonómico de Esquerda Galega Fernando Martínez Randulfe e da embaixadora Teresa Martínez Randulfe. Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición
Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cónsules honorarios en Galicia