Angra dos Reis é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro situada na costa sur do estado. O seu litoral ten 365 illas, sendo a máis importante a Ilha Grande (Illa Grande). Ten unha área de 813,4 km² e unha poboación de 167.434 habitantes. Os concellos limítrofes son Parati, Rio Claro e Mangaratiba, no estado de Río de Xaneiro, e Bananal e São José do Barreiro, no estado de São Paulo.
A maior parte da área urbana está rodeada de outeiros, o que contribuíu a que se vexa afectada por desastres naturais como deslizamentos de terra. De acordo con o censo de 2010, aproximadamente o 36 % da poboación de Angra vive en favelas, situadas en outeiros ou en zonas de mangleiros. Isto sitúa a cidade no décimo lugar entre as cidades brasileiras en canto á proporción de fogares neste tipo de aglomeración urbana no país.
As dúas centrais atómicas brasileiras están instaladas no municipio. É tamén un porto pesqueiro e ten algunhas industrias. Mais a actividade económica que a fai coñecida no Brasil é o turismo nas súas illas e praias, nas áreas de Mata Atlántica preservadas no continente e na Ilha Grande e o mergullo nas súas augas.
Historia
Unha expedición portuguesa liderada por Gonçalo Coelho chegou o 6 de xaneiro de 1502, a unha baía ou cala que encantou a todos. Chamárona Angra dos Reis, en homenaxe á visita dos Reis Magos ao neno Xesús, que se celebra ese día. A aldea alí construída chamouse, inicialmente, Vila dos Três Santos Reis, despois Vila de Angra dos Reis e, finalmente, Angra dos Reis.Espinheira, Ariosto. Viagem Através do Brasil, Volume 5, 4a. Edição, Edições Melhoramentos. ''(en portugués).
Demografía
esquerda|miniatura|O porto de Angra dos Reis.
Véxase tamén
Notas
Ligazóns externas Prefeitura Municipal de Angra dos Reis páxina da administración municipal. En portugués. angra.com.br - páxina de turismo en Angra dos Reis en portugués
Categoría:Cidades do Río de Xaneiro