Marcos Abalde Covelo, nado en Vigo en 1982, é un filólogo e escritor galego.

Traxectoria

Estudou Filoloxía Románica e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como libreiro, e despois pasou a ser docente. En 2017 era mestre no IES Breamo de Pontedeume, e no 2018 no IES As Telleiras de Narón. Actualmente é profesor no IES Concepción Arenal, en Ferrol.

En 2008 gañou o IV Premio Josep Robrenyó da Associació d’Investigació i Experimentació Teatral de Catalunya coa obra experimental Canibalismo. A súa lectura dramatizada fíxoa Furafollas Agrupación Teatral, no Ateneu Barcelonés. O texto, publicado en 2011, foi adaptado a curtametraxe en 2020.

Obra Teatro Canibalismo (Estaleiro Editora, 2011). A cegueira (Xerais, 2013).

Poesía Oenach (Espiral Maior, 2015). Exhumación (Xerais, 2016). Alcatrán (2020). Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-798-5. ePub: ISBN 978-84-9121-814-2.

Obras colectivas Banqueiros (Laiovento, 2012).

Obra publicada en revistas Eugenésia, peza breve publicada na revista Casahamlet, (2007). Litúrgia de Jerusalém, peza breve publicada na revista Casahamlet, (2010). Welcome to Lampedusa, peza breve publicada na revista Casahamlet, (2011).

Premios e recoñecementos

Premio Josep Robrenyó 2008 por Canibalismo. Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2011 pola peza A cegueira Premio Marqués de Bradomín de textos dramáticos do Instituto da Xuventude 2012 por Xudite Premio da Bienal de Teatro Romaría Viquinga de Catoira 2012, por A saga de Iacobsland. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2014 por Oenach. Premio de teatro MOME Varela Buxán 2015, por Oito epitafios por Troia. Premio de poesía Manuel Lueiro Rey 2016 coa obra Exhumación Premio de poesía Johán Carballeira 2020 por Alcatrán

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela