Cándido Rodríguez Losada, nado en Celanova o 19 de xaneiro de 1946, é un empresario e político galego, do PSOE.
Traxectoria De familia labrega, cando tiña sete anos os seus pais marcharon emigrados a Venezuela e el entrou nun internado para continuar a súa educación en Ourense. Emigrou el tamén a Caracas en 1965, Cándido Rodríguez comezou a frecuentar a Irmandade Galega de CaracasEl senador de la emigración, El País..
Membro do comité de dirección do Banco Occidental de Descuento, é tamén o presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Venezuela.
Afiliado ao PSOE, o candidato socialista á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño solicitoulle figurar nas listas ás eleccións autonómicas de 2001, pero non aceptou. Mais si que aceptou figurar de candidato ao Senado polo PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, pola que saíu elixido nas Xerais de 2004. Non se presentou á reelección nos comicios de 2008. Aínda que segue afiliado ao PSOE e é secretario xeral do PSOE en VenezuelaPSOE en Venezuela inicia campaña electoral para las Generales del 20-N, Web do PSOE - Venezuela., abandonou a primeira fila política e regresou ao seu emprego de director do Banco Occidental de Descuento, en Caracas.
Vida persoal Está casado e ten unha filla e un fillo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes