Manuel Julio Reigada Montoto, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de abril de 1935 e finado no mesmo concello o 17 de setembro de 2023, foi un notario e político galego, de Alianza Popular.

Traxectoria Notario con despacho en Santiago de Compostela, nas Xerais de 1982 foi candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra encabezando a lista da coalición AP-PDP. Só permaneceu unha lexislatura na Cámara Alta, ata 1986.

Xubilouse como notario en 2005.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Políticos de AP Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1935

Categoría:Finados en 2023

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes