It Gets Better (que do inglés podemos traducir Mellorará) é un proxecto internáutico fundado en Estados Unidos por Dan Savage e o seu home Terry Miller o 21 de setembro de 2010, en resposta aos suicidios cometidos por rapaces novos que eran marxinados por ser ou parecer gays. A súa meta é previr o suicidio da xuventude homosexual mediante mensaxes de adultos convencéndoa de que a súa vida irá a mellor.

O proxecto medrou rapidamente, con douscentos vídeos subidos na primeira semana, e a canle do proxecto no YouTube alcanzou o límite dos 650 vídeos na semana seguinte. O proxecto está actualmente organizado coa súa propia páxina web, It Gets Better Project, e inclúe máis de 22.000 entradas de xente de todas as orientacións sexuais, incluíndo famosos. Publicouse un libro de ensaios sobre o proxecto en marzo de 2011.

Honras O proxecto xermolou a raíz do suicidio de Billy Lucas, como doutros adolescentes que eran maltratados por seren gays ou parecelo, tales como Raymond Chase, Tyler Clementi, Ryan Halligan, Asher Brown, e Seth Walsh.

En setembro de 2011, Jamey Rodemeyer, de catorce anos, de Buffalo, Nova York suicidouse despois de queixarse do acoso que sufría por ser gai. En maio de 2011 creara un vídeo no YouTube dentro do proxecto It gets better para que outros rapaces homosexuais non sucumbiran ante o bullying.

En outubro de 2011, Jamie Hubley, de quince anos, matouse despois de ter posteado de que non cría que as cousas mellorasen para el.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial do proxecto It Gets Better no YouTube It Gets Better no Facebook Dan Savage's Message to Gay Youth: 'It Gets Better', entrevista en ''All Things Considered It Gets Better na páxina da Casa Branca

Categoría:Internet Categoría:LGBTIQ+