O ano 1 a. C. foi un ano común comezado en venres ou sábado (as fontes difiren) do calendario xuliano. Tamén foi un ano bisesto comezado en xoves do calendario xuliano proléptico. Naquela época, era coñecido como o Ano do consulado de Lentulus e Piso (ou, menos frecuentemente, ano 753 Ab urbe condita).

Foi precedido polo ano 2 a. C. e foi sucedido polo ano 1, posto que non se conta o ano cero. Foi o derradeiro ano do século I a. C.

Usando o calendario holoceno este é o ano 10000.

Acontecementos O emperador Augusto enviou Caio César ao levante como comandante do exército e fai un tratado de paz con Fraataces. Ovidio escribe Ars Amatoria. O emperador Augusto nega a Tiberio o permiso de regresar a Roma.

Nacementos 25 de decembro - Xesús Cristo segundo a data calculada por Dionisio Exiguus no seu calendario.

Mortes Herodes o Grande, segundo certas interpretacións do historiador Xosefo, despois da eclipse total dos días 9 e 10 de xaneiro, que Kepler datou no ano 4 a. C.).

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

1