O estorniño ou o chirlomirlo é o nome dunha familia de aves, común en Galicia, da orde Passeriformes, familia Sturnidae. É nome común que se aplica a distintas especies similares.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
Sinonimia En Galicia corren os sinónimos chirlo ou chirlomirlo, que fan alusión ó seu canto e á semellanza co merlo. Tamén se rexistran distintas variantes de estorniño: destorniño, estornillo, saturniño, tomillo, tornillo, tornino, tomiño ou turnino.
Rivas Quintas recolle o dito Ter menos grasa ca un asado de tomillos, aplicado a alguén que está fraco de máis, sen carnes ningunha.
Chirlo é denominación popular dunha ave mariña: o carrán común (Sterna hirundo).
Sarmiento explica así a voz Chirlos mirlos, que recolleu en Baiona:
Especies Estorniño negro (Sturnus unicolor) Estorniño pinto (Sturnus vulgaris) Estorniño rosado (Sturnus roseus): presente no sueste de Europa, con aparicións esporádicas cara o oeste. Moi rara en España. Estorniño irisado (Onychognathus tristramii): Israel, Xordania e Península Arábiga. Estornino alinegro (Sturnus melanopterus): endémica da selva de Indonesia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de aves de Galicia Gracula religiosa Bibliografía
Santamarina, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
Ligazóns externas Ficha do estorniño pinto
Categoría:Paséridos