Jean-Éric Vergne, nado o 25 de abril de 1990 en Pontoise, é un piloto de carreiras profesional francés. Foi o campión da tempada de Fórmula Tres Británica de 2010. En 2013 correrá en Fórmula Un con Toro Rosso.

Carreira Karting Vergne comezou a súa carreira no karting en 2001, e tres anos máis tarde converteuse en subcampión no Campionato de Francia de Rotax Max. En 2005, terminou como subcampión no Campionato de Europa clase ICA, por detrás de James Calado, o punto culminante da súa carreira no karting lógrouno ao ano seguinte cando terminou sétimo no primeiro KF1 Campionato do Mundo de KF1, celebrado en Angerville cerca París.

Fórmula Renault 1.6 e 2.0 En 2007, Vergne pasouse aos monoprazas de carreiras, competindo na Fórmula Renault Campus de Francia que gañou comodamente no primeiro intento, acadando dez podios en trece carreiras. Vergne converteuse en membro do famoso Red Bull Junior Team e da Federación Francesa de Automóbiles Deportivos. (FFSA), á conclusión da tempada 2007.

Na seguinte tempada o 2008, Vergne competiu tanto na Eurocup Formula Renault 2.0 como na Formula Renault 2.0 West European Cup competindo co equipo SG Formula. Terminou sexto na clasificación da Eurocopa, puntuando en nove das catorce carreiras, incluíndo un podio na última carreira da tempada en Barcelona. Na West European Cup, ocupou o cuarto lugar no campionato, logarndo tres podios.

En ambas series, foi o mellor piloto novato, e, ademais, tamén gañou o título francés de Fórmula Renault 2.0, que foi outorgado á mellor piloto francés na clasificación da Formula Renault 2.0 West European Cup.

Na tempada 2009 da Fórmula Renault, Vergne seguiu nos dous campionatos co equipo "SG Formula". Terminou segundo detrás do piloto español Albert Costa na Eurocup, e tamén terminou segundo detrás de Costa no WEC.

Fórmula Tres Na tempada 2010 Vergne pasou ao Campionato británico de Fórmula Tres, pilotando para o equipo varias veces campión Carlin. Acadou 12 vitorias nas primeiras 24 carreiras, incluíndo tres vitorias de tres en Spa-Francorchamps. Isto foi suficiente para darlle o título a seis carreiras do fin da tempada. Foi o terceiro ano consecutivo que un piloto de Red Bull Junior Team gañaba o título con Carlin, despois de Jaime Alguersuari en 2008 e Daniel Ricciardo en 2009.

GP3 Series En maio de 2010, Vergne fichou por Tech 1 Racing para disputar a apertura da GP3 Series en Barcelona. Foi substituído polo seu compatriota Jim Pla para a seguinte carreira en Turquía por coincidir coas datas da carreira da Fórmula Tres Británica en Hockenheim, pero regresou ao equipo para a seguinte carreira en Valencia. Con todo, a principios de xullo anunciouse que Daniel Juncadella tomaría o asento de Vergne no equipo polo resto da tempada.

Formula Renault 3.5 Series miniatura|left | Vergne na Fórmula Renault 3.5 Series no Circuíto de Spa-Francorchamps en 2011

Fórmula Un Vergne tivo a súa primeira aparición nun coche de Fórmula Un no Goodwood Festival of Speed en xullo de 2010, pilotando un Red Bull RB5. En setembro de 2010, pilotou un Toro Rosso como piloto de probas no Circuíto de Yas Marina en novembro.

O 14 de decembro de 2011, confirmouse oficialmente que se Vergne correra para Toro Rosso na tempada de Fórmula Un de . Xunto ao seu compañeiro membro de Red Bull Junior Team, Daniel Ricciardo.

Historial Resumo Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/Rápida Podios Puntos Posición 2007 Formula Campus Renault Formule Campus 13 6 5 ? 10 189 1º 2008 Formula Renault 2.0 Eurocup SG Formula 14 0 0 0 1 58 6th Formula Renault 2.0 WEC 15 0 0 0 3 95 4th 2009 Formula Renault 2.0 Eurocup SG Formula 14 4 5 2 9 128 2º Formula Renault 2.0 WEC 14 3 2 0 10 143 2º 2010 British Formula Three Championship Carlin 30 13 11 13 20 392 1º Masters of Formula 3 1 0 0 1 0 N/A 4º Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A 7º GP3 Series Tech 1 Racing 4 0 0 0 0 9 17º Formula Renault 3.5 Series 6 1 0 0 4 53 8º 2011 Formula Renault 3.5 Series Carlin 17 5 4 1 9 232 2ºFórmula 1Toro Rosso Piloto de probas 2012 Formula 1 Scuderia Toro Rosso 20 0 0 0 0 16 17º 2013 Formula 1 Scuderia Toro Rosso 19 0 0 0 0 13 15º 2014 Formula 1 Scuderia Toro Rosso 19 0 0 0 0 22 13º

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR9 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS8 MALRet BAHRet CHN12 ESPRet MONRet CAN8 AUTRet RU10 ALE13 HUN9 BEL11 ITA13 SIN6 XPN9 RUS13 USA10 BRA13 ABU12 13º 22 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR8 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS12 MAL10 CHN12 BAHRet ESPRet MON8 CAN6 RURet ALERet HUN12 BEL12 ITARet SIN14 COR18† XPN12 IND13 ABU17 USA16 BRA15 15º 13 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR7 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS11 MAL8 CHN16 TUR14 ESP12 MON12 CAN15 EURRet RU14 ALE14 HUN16 BEL8 ITARet SINRet XPN13 COR8 IND15 ABU12 USARet BRA8 17º 16 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR6 Ferrari 056 2.4 V8 AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN CORPP IND ABUPP BRAPP NC 0 * Tempada en curso

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Detalles da carreira da base de datos do piloto @JeanEricVergne on Twitter

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Toro Rosso Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no departamento do Val do Oise