A fouce esquecida é unha curtametraxe galega de 1978, dirixida por Benxamín Rey e baseada nunha poesía homónima de Ramón Cabanillas.

Trama O poema "A fouce esquecida", incluído no libro Vento mareiro (1915) é un texto de poesía social, que relata o drama dun labrego que perde sucesivamente a súa esposa, a súa filla e o seu patrimonio. Deste último, tras embargarllo, só lle queda unha fouce que atopa no medio da eira. Ao vela, inspíralle ganas de loitar.

A curtametraxe consiste na exposición das diferentes escenas, sen diálogos, nas que se relata o poema, mentres o narrador o declama.

Características Foi rodada en Super 8 mm na zona de Cambados. A súa banda sonora consiste nunha versión musicada do poema, composta polos irmáns Lino e Xoán Silva, e interpretada por este último, e que foi incluída no seu álbum Inverno.

Recoñecemento Premio no Xl de Festival de Cine Aficionado de Lugo (1979)Cronoloxía do cine en Galicia 1970/1990 , Manuel González (PDF, p.27). 3° Premio VI Certame de Cine Afeccionado (Vilagarcía de Arousa, 1978) 1° Premio X Festival de Cinema Afeccionado (Lugo, 1978) Finalista XI Semana Nacional de Cinema Afeccionado (Llaranes, 1980) Finalista II Certame Nacional de Cinema Afeccionado (Castellón, 1980) Mostra I Semana de Cinema Afeccionado Galego (Vigo, 1980) Mostra Homenaje a los cineastas arosanos (Vilagarcía de Arousa, 1982) Finalista I Semana Nacional Fonmiñá de Cinema Afeccionado (Lugo, 1983) Exhibición Universidade de Santiago - Aula de Cinema (Santiago de Compostela, 1984) Mostra Casa de Cultura de Cambados (1986) Programa Sesión continua (TVG, 1987) Exhibición Homenaxe de Cambados a Ramón Cabanillas (1991)

Equipo técnico Axudante dirección: Miguel Falcón

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A fouce esquecida en YouTube.

Categoría:Curtametraxes galegas Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Cambados Categoría:Filmes de 1978