A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.
O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 mA Galicia Romana, Tomo III, Volume 1: A Conquista Romana. Ocupación do territorio e cultura material. José Manuel Caamaño Gesto. e a súa altura varía entre os 8 e os 10 ou 12 m sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4,5 e os 7 m de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e, na parte que queda en pé, tamén houbo profundas transformacións.
Inicialmente a muralla tiña cinco portas,Algúns autores sosteñen que as portas romanas son catro, e non cinco. mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de "torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas". Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición.Nesta páxina reprodúcese unha imaxe da muralla publicada no Semanario pintoresco español a mediados do século XIX, na que se ven dúas torres que aínda conservaban os dous pisos de ventás. E nestoutra páxina da Voz de Galicia (do 12.01.2023) pode verse unha recreación hipotética da muralla tal como sería orixinalmente.
O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, e o embaixador chinés, Qui Xiaoqi.Rutasconhistoria.es
Historia
miniatura|220px|Cidade Vella dende o alto da muralla.
Aínda que os romanos fundaron un campamento ao redor do ano 25 a. C., a cidade de Lucus Augusti fundouse cara o ano 15 ou 13 a.C., pero non foi ata os séculos III e IV, entre os anos 260 e 325, que construíron unha barreira defensiva que rodeaba todo o núcleo da cidade. A muralla converteuse nunha das fortificacións máis grandes do seu tempo. Non se coñecen os motivos da súa construción, que puideron ser múltiples: defensiva, cortaventos, elemento de prestixio, sen esquecer a vertente económica, facilitando salarios a moitos traballadores de distintos sectores ao longo dos anos.
Cómpre destacar que é a máis completa e mellor preservada mostra de arquitectura militar do Imperio Romano de Occidente.Páxina da UNESCO, criterio para a designación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade Parece ser que nesta época a muralla non tiña a altura que se coñece hoxe en día senón que estaba coroada por 85 grandes torres con grandes xanelas, e desta coroación hoxe en día só se conserva unha destas torres parcialmente, a coñecida como A Mosqueira, que deixou o arquitecto Alejo Andrade Yáñez na reforma xeral feita cara o 1837.
Semella ademais que a muralla tiña ameas entre as torres e estaba rodeada por foxos duns 20 m de largo e 4-5 m de fondo, complicando aínda máis a tarefa nunha suposta invasión da cidade. Co paso dos séculos pouco a pouco as torres fóronse deteriorando, sendo eliminadas na reforma de Andrade.
Descrición miniatura|Obra de Modesto Brocos, Defensa de Lugo, que ilustra a estratexia urdida polos habitantes de Lugo ante o asedio das tropas de Almanzor. Dimensións A muralla rodea todo o recinto histórico da cidade, o que é coñecido como casco vello, ou centro, polos lucenses. Así pois ten un perímetro total de 2.266 m de circunferencias, abarcando un espazo interior de 0,34 km2 (o que supón por exemplo un pouco menos ca Cidade do Vaticano). O grosor medio dos seus muros é 4,20 m, podendo chegar ata os 7 m nalgúns puntos. A súa altura oscila entre os 8 m e os 12 m, conservándose os restos dunha das antigas 85 torres, da que quedan dúas fiestras de medio punto de 1,15 m de largo e 1,43 m de alto unha e 1,53 m a outra. A lonxitude dos muros entre as antigas torres varía entre os 8,80 m e os 16,40 m.a muralla.
Materiais miniatura|A Mosqueira, cos restos das antigas xanelas. A muralla foi construída con laxas de lousa e bloques de granito. As lousas forman o armazón exterior da muralla e os bloques de granito foron empregados sobre todo para reforzar as torres que franqueaban as portas. O núcleo da estrutura é un morteiro fabricado con terra, pedra solta e cantos, e cementado con auga.
Tramos O trazado da construción defensiva é aínda hoxe un misterio. Ninguén acerta a entender por que deixaron fóra importantes núcleos residenciais da antiga cidade á vez que protexía zonas deshabitadas. En xeral a muralla esténdese por unha orografía irregular, máis alta ao noroeste e en descenso cara ao sueste. A forma é cuadrangular, con vértices suavizados. Do trazado podemos destacar ademais estes tramos:
Torre da Mosqueira Neste tramo atópanse os únicos restos que quedan das antigas torres da muralla, a Mosqueira. Consiste en dous arcos de medio punto. Estas xanelas, que na antigüidade estaban en tódolos cubos, e ademais de varios pisos de altura, servían para favorecer un maior campo visual, o que permitía controlar os foxos e manter contacto visual coas torres adxacentes. As escaleiras máis próximas para acceder a este tramo son as do Campo Castelo..
Paseo dos Cóengos Denomínase así o tramo da muralla que vai dende a porta de Santiago ou Pexigo ata a porta Miñá. As tres torres deste tramo foron derrubadas en 1882 para facer un paseo máis amplo, de 7,70 m de largo e 150 m de longo. A denominación deste tramo vén a raíz dos paseos que frecuentaban os sacerdotes nesta zona antes de acudiren á catedral. Este tramo tamén é denominado coma o paseo de Inverno.
Reduto de María Cristina En 1837 constrúese un baluarte defensivo de forma angular con troneiras para situar a artillaría, entre a porta do bispo Aguirre e a torre da Mosqueira, co gallo das guerras carlistas. Uniu dous tramos que estaban separados por terse construído o castelo medieval sobre a muralla, que foi derrubado en 1757 por orde do bispo frei Francisco Izquierdo, que mandou construír no lugar un cárcere eclesiástico e dúas casas, que se conservan, para alugar e destinar os fondos á reparación do acueduto e das dúas fontes públicas que acababa de facer.
Bautizouse de tal xeito en homenaxe á raíña rexente, María Cristina de Borbón. En 1990 achouse un cubo orixinal que se cre formaba parte da porta alí existente, a principal, chamada porta Castelli.
As torres miniatura|Vista das xanelas pola parte interior da muralla. Das 85 torres orixinais, aínda que algunhas teorías sosteñen que poderían ser 86, consérvanse hoxe 71, sendo todas de planta semicircular agás as que seguen á porta Miñá que foron reconstruídas con planta rectangular. Deberon estar coroadas por torres de dous pisos con xanelas, quedando como testemuña a torre da Mosqueira na que aínda permanecen algúns restos. A disposición das torres evitaba a existencia de ángulos mortos.
Os restos da nomeada fan supor que cada unha das torres tiña en orixe unha estrutura superior que contaba, polo menos, con dous pisos. Estes pisos tiñan grandes fiestras onde se estima que se situarían armas defensivas como béstas, onagros ou escorpións.Onagros e escorpións eran máquina de guerra semellantes ás béstas, utilizadas para lanzar pedras sobre o inimigo. As primeiras deben o nome ao feito de que a peza na que se colocaba a pedra tiña a forma da orella dun asno.
Accesos O paseo superior da muralla é totalmente recorrible, sendo moi frecuentado por tódolos lucenses, o que supón que a muralla sexa unha rúa máis da cidade. Este paseo peonil consta de diversos accesos, todos eles construídos a partir do século XVII, aínda que existen rastros de dezaseis antigos accesos, que parece ser que se utilizaban antes da construción dos actuais accesos. O primeiro deles foi achado en 1962, totalmente cegado por desperdicios e terra. Coa posta en marcha do Plan Integral da Muralla se rehabilitaron. Hoxe estímase que había unha escaleira por cada torre.
Sábese ademais que as escaleiras non chegaban á altura do chan. Para acceder ao primeiro chanzo había que utilizar escadas móbiles. Isto permitía, en caso de necesidade, illar a muralla retirándoas. Os accesos que podemos atopar hoxe en día son:.
Rampla da porta de Santiago (accesible por persoas con mobilidade reducida, á beira da porta de Santiago). Escaleira de Campo Castelo. Escaleira da praza do Cantiño (a carón da porta de San Pedro). Escaleira da porta da Estación. Escaleira da porta Falsa. Escaleira da porta Nova. Escaleira da porta Miñá (accesible para persoas con mobilidade reducida, por rampla).
A estrutura defensiva que conformaba a muralla estaba formada polo foxo, a propia muralla e o intervallum. Con todo cómpre destacar que o primeiro elemento defensivo era a propia contorna e orografía que rodeaban a cidade.
O foxo. Estaba sito a uns 5 metros das torres e tiña unha anchura de 20 metros e unha profundidade de 4-5. Na actualidade só quedan vestixios do mesmo, sendo documentado en 1987 mediante diferentes estudos arqueolóxicos. Comprobouse que non era un foxo continuo, senón que estaba formado por diversos tramos independentes con encontros axustados. Tiñan no fondo unha serie de canles cuxa finalidade está sen definir. foso.
O intervallum. Constituía o espazo entre o paramento da muralla e as edificacións urbanas, sendo a última defensa posible. Percorría toda a lonxitude da mesma, como un paseo de rolda inferior, e servía para a intendencia da defensa. Co paso do tempo este espazo foi sendo ocupado por edificacións. A mediados do século XX había máis de 30 edificios *encostados á muralla.
Portas miniatura|Portas da muralla de Lugo.1. Porta de San Fernando2. Porta Falsa3. Porta da Estación4. Porta de San Pedro5. Porta do bispo Izquierdo6. Porta do bispo Aguirre7. Porta de Santiago8. Porta Miñá9. Porta do bispo Odoario10. Porta Nova A muralla dispuña orixinalmente de cinco portas de acceso que correspondían ás vías principais do trazado urbano. Entre 1853 e 1921 abríronse outras cinco por necesidades da expansión da cidade. Hoxe, das dez portas existentes, seis son peonís e catro permiten o tráfico rodado, aínda que a meirande parte do recinto amurallado é totalmente peonil.
As portas de madeira que permitían pechar o acceso permaneceron, en mellor ou peor estado, ata o século XIX. A partir de 1877 desapareceron definitivamente. O control do tránsito mantívose ata ben entrado o século XX permanecendo como testemuña do mesmo os fielatos en varias das portas. Nelas cobrábase o imposto e realizábase o control das persoas e mercadorías que entraban e saían do recinto.
Portas romanas miniatura|210px|Porta de Santiago coa catedral ao fondo. miniatura|210px|Porta de San Pedro, de orixe romana na que se aprecia o escudo da cidade. miniatura|210px|Porta Falsa, a utilizada pola gornición romana.
Porta Castelli