A mesopausa é a rexión da atmosfera que determina o límite entre unha atmosfera con masa molecular constante doutra onde predomina a difusión molecular.
Sitúase aproximadamente a 90 km de altitude, sendo a rexión onde existe a temperatura máis baixa da atmosfera, aproximadamente de -80 °C.
Na mesopausa teñen lugar as reaccións de quimioluminiscencia e aeroluminiscencia.
Categoría:Atmosfera