miniatura|Setembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, un manuscrito do secúlo XV. Setembro é o noveno mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome, que vén da mesma raíz latina ca "sétimo", débese a que era o sétimo mes no calendario romano.

O mes de setembro empeza no mesmo día da semana que decembro cada ano.

Acontecementos O 7 de setembro celébrase a Independencia do Brasil. O 18 de setembro celébrase a Independencia de Chile. O 21 de setembro é, no hemisferio sur, o primeiro día da primavera e no hemisferio norte, o primeiro día do outono. O primeiro sábado de setembro celébrase o Día Mundial da Barba. Tamén o primeiro sábado de setembro celébrase o Día Internacional do Voitre. O último xoves de setembro celébrase o Día Marítimo Mundial (diferente do Día Mundial do Mar, que se celebra o 17 de marzo).

Setembro na cultura popular galega

Refraneiro En setembro colle o viño e non durmas no camiño. Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño.Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro. Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes.

Notas

Categoría:Meses