Spider-Man 2 é un filme estadounidense de superheroes dirixido por Sam Raimi que se estreou no 2004. Segunda parte da serie de filmes baseados nos personaxes da banda deseñada Spider-Man.

Sinopse Pasaron dous anos dende que Peter Parker se deixou con Mary Jane Watson, o seu grande amor, e decidiu asumir as súas responsabilidades como Spider-Man. Peter debe afrontar novos desafíos mentres loita contra o don e a maldición dos seus poderes equilibrando as súas dúas identidades: o escorregadizo superheroe Spider-Man e o estudante universitario. As relacións coas persoas que máis aprecia están agora en perigo de ser descubertas coa aparición do poderoso malvado de múltiples tentáculos Doctor Octopus, "Doc Ock". A súa atracción por M.J. faise máis forte mentres loita contra o impulso de abandonar a súa vida secreta e declararlle o seu amor. Mentres tanto, M.J. seguiu coa súa vida. Embarcouse de cheo na súa carreira de actriz e ten un novo home na súa vida. A relación de Peter co seu mellor amigo Harry Osborn afástase polos crecentes desexos de vinganza de Harry contra Spider-Man, ó que considera responsábel da morte do seu pai.

Personaxes Tobey Maguire como Peter Parker / Spider-Man Kirsten Dunst como Mary Jane Watson James Franco como Harry Osborn Alfred Molina como Dr. Otto Octavius / Doc Ock Rosemary Harris como Tía May/May Parker J.K. Simmons como J. Jonah Jameson Donna Murphy como Rosalie Octavius Daniel Gillies como John Jameson Dylan Baker como Lizard/Dr. Curt Connors Willem Dafoe como Norman Osborn / Green Goblin

Galardóns e nomeamentos 2004: Oscar: Mellores efectos visuais. 3 nomeamentos. 2004: 2 nomeamentos ó BAFTA: Mellores efectos visuais e son.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en Marvel Comics Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX