miniatura|Castelo de Edo. miniatura|Tokyo, mapa alemán de 1890. A historia of Tokyo narra o crecemento do centro urbano máis grande do Xapón. A parte oriental de Tokyo ocupa unha importante área na rexión de Kanto, que xunto coa hoxe en día prefectura de Saitama, a cidade de Kawasaki e a parte oriental de Yokohama conformaban a antiga provincia de Musashi. Esta foi unha das provincias baixo o sistema ritsuryō.Louis-Frédéric Nussbaum (2005). "Tōkyō", en Louis-Frédéric Nussbaum (2005). "Kantō", en

Edo Aínda que dende o século VII hai constancia de templos na zona (Senso-ji, 628; Kanda Miyojin, 830), non é ata 1180 cando comeza a existencia dunha pequena aldea de pescadores ó carón da residencia do clan Edo no alto dun outeiro preto da desembocadura do río Sumida. A aldea chámase tamén Edo ("porta do esteiro ou enseada"), pois o mar chegaba naquel tempo a lamber as ladeiras do outeiro (a enseada Hibiya).

No entanto, non será ata 1457 que, da man do guerreiro Ota Dokuan, se constrúe un castelo e fortaleza no outeiro, pola súa estratéxica posición dominante do delta do Sumida. Edo comeza oficialmente a súa andaina.

Capital dos Tokugawa Pero vai ser coa toma do lugar por Ieyasu Tokugawa en 1590 cando a sorte de Edo cambie radicalmente. Pouco despois, en 1603, os Tokugawa conseguen o poder efectivo sobor do Xapón e Ieyasu decide traslada-la corte a Edo. Dun día para outro a aldea convértese en capital: reconstrúese e amplíase a fortaleza (muros ciclópeos, ramplas de vinte metros, fosos); fanse grandes obras de desecamento de zonas pantanosas e canais de comunicación e transporte; constrúense amplos barrios para as residencias dos señores da corte (uns 300 daimyos con as súas familias e samurais)

Á parte do enorme complexo do castelo, o centro neurálxico da cidade é o Nihonbashi (literalmente "ponte do Xapón"), ao leste daquel, sobor dunha canle que o cumunicaba co Sumida. Como o seu nome anuncia, é tamén o centro simbólico do país, punto de arrInque de todas as grandes rutas (Tokkaido cara ao sur, ata Kyoto e Osaka, a máis importante). A ambos os lados da ponte a actividade é sempre frenética en torno a mercados e muelles.

A pesar dos frecuentes incendios ("flores de Edo") e terremotos, a cidade capital dos Tokugawa vai desenvolverse enormemente ata se converter quizais na maior do mundo cara ao final do século XVIII, cunha poboación dun millón de habitantes.( Edo 1704) ( Edo 1858)

Restauración Meiji: Tokyo En 1868, a dinastía Meiji restaura o poder imperial e decide que Edo sexa a súa capital (substituíndo a Kioto), co nome de Tokyo ("capital do leste"). Unha nova era comeza para o Xapón, a da fin do illamento e apertura comercial ao resto do mundo. En Tokyo constrúese o palacio imperial no suroeste do recinto do castelo (1888) e, paradoxicamente, dáse unha pequena decadencia pola desaparición dos daymios. Tamén xorde o ferrocaril e a industrialización. O barrio de Ginza, actual centro comercial da cidade ao sueste do palacio, constrúese nestes anos en ladrillo tralo incendio de 1872. Tokyo 1911)

En setembro de 1923 gran parte da cidade é destruída por un catastrófico terremoto. Porén, coma en ocasions anteriores, reconstrúese deseguida é renóvase segundo modelos occidentais co ancheamento xeneralizado de rúas. Segue unha grande expansión e nova destrución polos bombardeos da segunda guerra mundial. Volta ao mesmo: reconstrución e o maior desenvolvemento da súa historia coa expansión da economía xaponesa nas décadas dos cincuenta e sexenta. O corazón da cidade e da metrópoles vaise desprazando cara ao oeste do castelo, ao barrio de Shinjuku ( a súa estación é a de maior tránsito diario do mundo)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia do Xapón Período Edo

Categoría:Historia do Xapón Categoría:Prefectura de Tokyo Categoría:Historia por cidade Categoría:Tokyo