José Luis Poceiro Martínez, nado en Lufiña (Santa Cristina de Cobres, Vilaboa) o 13 de maio de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Comezou a carreira de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, mais abandonouna e comezou a traballar no sector naval. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilaboa e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre grazas ao apoio do BNG.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilaboa
Ligazóns externas
Categoría:Alcaldes de Vilaboa Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia