Artemis (acrónimo de Advanced Relay And Technology Mission) é un satélite de comunicacións xeosincrónico da ESA lanzado o 12 de xullo de 2001 desde o centro Espacial de Kourou mediante un foguete Ariane 5.
Características A misión de Artemis é de por un lado probar novas tecnoloxías e por outro proporcionar servizos de comunicacións. Leva tamén elementos do sistema EGNOS (European Geostationary Navigation Overlay Service).
Tralo lanzamento un problema impediu que a última etapa do foguete situara o satélite na órbita xeoestacionaria, quedando nunha órbita de 590 x 17487 km e unha inclinación de 2,94 graos. Para resolve-lo problema de achegar ata a órbita xeoestacionaria planificáronse unha serie de pasos consistentes no uso do motor químico de apoxeo conxuntamente co sistema de propulsión iónica de a bordo, concibido inicialmente só para manter a posición do satélite unha vez situado na órbita xeoestacionaria. Artemis acadou a súa órbita de traballo en 2003 e participou, entre outros experimentos, na comunicación mediante láser co satélite experimental xaponés OICETS (tamén coñecido como Kirari).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos OICETS
Ligazóns externas Páxina de Artemis na ESA
Categoría:Satélites artificiais Categoría:Satélites da Axencia Espacial Europea