A articulación radiocubital superior ou proximal é unha articulación do membro superior humano, situada xusto distal ao cóbado. Pode considerarse parte do cóbado, xunto ao resto de articulacións que o conforman. Superficies articulares Os ósos que participan na articulación son o radio e o cúbito, que tamén participan na articulación do cóbado. A parte do cóbado que forma esta articulación é a cavidade radial, situada na epífise proximal deste óso. A parte do cúbito é a cavidade sigmoide menor, que se sitúa na epífise proximal cubital. Forman unha articulación de tipo trocoide.

Funcións Ten unha mobilidade reducida, participando na pronación e na supinación. Ligamentos de reforzo Reciben unha pequena achega do ligamento anular do cóbado.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)

Categoría:Articulacións