Astrid ou Astrid 1 é un microsatélite sueco lanzado o 24 de xaneiro de 1995 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Astrid 1 é o terceiro satélite científico sueco e adicouse a investiga-lo contorno de plasma da Terra, centrándose nos fenómenos relacionados coas partículas neutras para mellorar a comprensión do comportamento dos cintos de radiación e estudar a súa dinámica e morfoloxía. Astrid 1 é o primeiro microsatélite montado sobre a plataforma FREJA-C, cumprindo tamén a función de demostrador tecnolóxico.
O satélite estabilízase mediante xiro, co eixo de xiro apuntando cara ao Sol. O sistema de datos ten unha memoria de 8 MB e as comunicacións teñen lugar a unha velocidade de 8 kbps e a unha frecuencia de 400 MHz cara a estación de terra situada en Kiruna. O satélite tamén fai un pase diario sobre a estación de Esrange, coa que se comunica en banda S a 128 kbps.
O tempo estimado de vida do satélite era dun ano, pero os instrumentos fallaron o 1 de marzo de 1995.
Instrumentación A instrumentación foi deseñada polo Instituto Sueco de Física Espacial de Kiruna, e consiste en tres experimentos:
PIPPI (Prelude in Planetary Particle Imaging): trátase de dúas cámaras de partículas neutras e é o instrumento principal do satélite. EMIL (Electron Measurements - In-situ and Lightweight): é un espectrómetro de electróns. MIO (Miniature Imaging Optics): é un fotómetro para o ultravioleta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Astrid 2
Categoría:Satélites artificiais