Os ganglios linfáticos axilares son un conxunto de ganglios linfáticos do membro superior humano, pertencentes á axila. Forman parte da drenaxe linfática do membro superior. Drenan todo o contido linfático do membro superior, da parte superior das costas, da parede torácica anterior, da mama e da parte inferior do pescozo.

O seu número oscila entre vinte e trinta ganglios, que se agrupan en: Ganglios linfáticos umerais Ganglios linfáticos pectorais Ganglios linfáticos subescapulares Ganglios linfáticos centrais Ganglios linfáticos apicais

Os vasos linfáticos de todos os ganglios converxen no tronco linfático subclavio, que no lado esquerdo se une ao conduto torácico e no lado dereito remata directamente no sistema venoso, entre a vea subclavia dereita e a vea xugular interna dereita, situada no pescozo.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)

Categoría:Ganglios linfáticos